domingo, 18 de marzo de 2012

COMEZAMOS O PROXECTO

A piques de rematar o segundo trimestre e a punto de comezar o terceiro, comezamos o noso novo proxecto . Esta vez o tema elexido é "EDUCACIÓN VIAL". Por que este  tema? Porque estamos convencidas de que desde a escola hai que formar aos nenos para que nun futuro sexan condutores e peóns responsables  e no "inmediato" contaxiar aos adultos máis próximos eses valores. Para iso, trataremos de que coñezan os fins e obxectivos que cumpren os sinais e normas de tráfico, que se familiaricen coas máis necesarias e as máis frecuentes do seu entorno;tamén intentaremos crear neles unha actitude de colaboración, respeto e contribución á seguridade vial tratando de que reflexionen sobre as condutas adecuadas monstrándoles situacións correctas e erróneas no seu discurrir como peóns para previr posibles accidentes.

Así que o venres, despois do recreo reunímonos todos no Salón de Actos e alí lles fixemos unhas preguntas para ver cales eran as súas ideas sobre o proxecto, que querían aprender e como querían aprendelo.

A primeira pregunta foi:

- QUE SABEDES DA EDUCACIÓN VIAL? As respostas foron: sinais, stop, coches, motos, guardias, autobuses, ambulancias, que van pola estrada,...

- QUE QUEREMOS APRENDER?  A sacar o carné de conducir, todos os sinais, ...

- COMO QUEREMOS APRENDER? Facendo fichas, conducindo coches, bicis, con películas, xogando ,...


No hay comentarios:

Publicar un comentario