jueves, 19 de abril de 2012

DÍA DA BICICLETA


Hoxe se celebra o Día Mundial da bicicleta co obxectivo de promocionar este medio de transporte e chamar a atención sobre os dereitos dos ciclistas. Como é un tema que consideramos moi importante e ademáis está relacionado co noso proxecto, estivemos a traballar con estes materiais , algúns proporcionados polo Instituto da Seguridade vial da Fundación MAPFRE co fin de lembrar aos máis pequenos as normas de circulación á hora de andar en bici.

Comezamos vendo un video sobre Jota, Jota onde ensina aos máis pequenos a andar en bici dun xeito seguro:


vimos tamén o conto da bicicleta CLETA:


e limos o conto: "PATO VA EN BICI":






Despois xogamos a este xogo de mesa:"A OCA DA BICICLETA CLETA" (que atopamos en Internet e modificamos un pouquiño):


Si alguén quere descargar o taboleiro para xogar na casa, aquí volo deixamos:


Nós para que nos fose máis doado xogar, o fixemos a tamaño cartulina, subindo a imaxe a BLOCK POSTERS e dividíndoa en seis partes tamaño folio. Despois só queda recortar, pegar e plastificar.

E xa para rematar na aula de informática xogamos a estes xogos:




1 comentario:

  1. Xa nos gustaría ter unha axenda tan ampla como a túa. Non se che pasa ningún día. Un ratiño que teñamos aproveitaremos os recursos que aquí nos deixas. Un bico.

    ResponderEliminar